venres, 18 de xaneiro de 2019

Para esta fin de semana recomendamos... Con amor, Simon

É o último ano da escola secundaria. Simon Spier (Nick Robinson) é un adolescente de 17 anos que aparentemente o ten todo: un fiel e divertido grupo de amigos, pais comprensivos e un gran futuro por diante. Con todo, garda un segredo no seu interior que o inquieta e o angustia. Simon é gai, pero non se atreve a dicirllo a ninguén. Será cando coñeza por internet a un mozo chamado Blue, e empecen a intercambiar mensaxes, cando a súa vida cambiará por completo.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
ROMANTICO CON novidades


Desfruta do trailer


(fuente: Sensacine)


xoves, 17 de xaneiro de 2019

Palestra "O entorno socio-político de Castelao"



Hoxe desfrutaremos da palestra "O entorno socio-político de Castelao" a cargo de D. Xesús Palmou Lorenzo, ex conselleiro e e secretario xeral do Partido Popular de Galicia e actualmente miembro do Padroado da Fundación Castelao.

A entrada é libre ata completar aforo.

Ás 18:00 h. no Salón de Actos

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Mesa de conversa en inglés



Mañá, xoves 17, temos unha nova
Mesa de Conversas en Inglés

Vide compartir un rato agradable mentres practicades o idioma, co apoio de Keyla James, voluntaria cultural.

Esperámosvos ás 19:30
na Sala multiusos da Biblioteca.






martes, 15 de xaneiro de 2019

La catadora, de Rosella Postorino

Imaxinen por un momento unha mesa ben disposta, con pratos de louza branca cheos de comida exquisita. Imaxinen unhas xudías verdes condimentadas con manteiga fundida, o cheiro embriagador duns pementos asados e a textura dun Strudel de mazá recentemente enfornado. Ao levantar a vista atoparán a dez mulleres novas e esfameadas. Estamos no cuartel xeral de Hitler e corre o ano 1943; a guerra causa estragos, pero elas están aquí e teñen fame. O que poida pasar despois pouco importa...

«Comede!», ordenan os soldados da SS: elas son as catadoras do Führer e terán que agardar unha hora ata que os gardas descarten que as viandas están envelenadas. No ambiente turbio deste banquete perverso, que sempre pode ser o último, as mozas e os militares do cuartel crean alianzas insólitas. Pero seica hai algo insólito cando vivimos ao límite?

Inspirándose na historia real de Margot Wölk, catadora de Hitler, Rosella Postorino atravesa o labirinto do desexo para contarnos a historia de Rosa Sauer, unha moza que se aferra ao seu afán por saborealo todo, incluído o sexo prohibido, mentres espera a un marido que non regresa: unha muller con ganas de sentirse viva.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N POS cat novidades vida cotiá





luns, 14 de xaneiro de 2019

Palestra "O entorno socio-político de Castelao"



O próximo xoves 17 de xaneiro contaremos coa palestra "O entorno socio-político de Castelao" a cargo de D. Xesús Palmou Lorenzo, ex conselleiro e e secretario xeral do Partido Popular de Galicia e actualmente miembro do Padroado da Fundación Castelao.

A entrada é libre ata completar aforo.

O xoves 17, ás 18:00 h. no Salón de Actos

"Sshhhhh ¡a durmir!" con Olga Cuervo



Nenos de 0 a 3 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

20 prazas

Venres 18 - 18:00 - Ludoteca



Contos, cancións e poemas para durmir plácidamente…




venres, 11 de xaneiro de 2019

Esta semana recomendamos en Lugo en la Onda...

Este pasado mércores 9, na nosa pequena sección sobre libros no programa Lugo en la Onda de Onda Cero recomendamos...


La trenza
de Laetitia Colombani
Editorial Salamandra


Con preto de medio millón de exemplares vendidos en Francia e case trinta traducións en curso, "La trenza" foi un dos fenómenos editoriais de 2017. Nesta narración vibrante e conmovedora, Laetitia Colombani —guionista, directora e actriz de recoñecido prestixio— aborda as historias de tres mulleres que, nacidas en continentes moi dispares, comparten unhas ideas e sentimentos que as unen nun poderoso anhelo de liberdade.

INDIA. En Badlapur, a intocable Smita sobrevive recollendo os excrementos dunha caste superior. Resignada á súa condición, está decidida en cambio a que a súa filla non siga os seus pasos: a pequena irá á escola e a súa vida será digna e proveitosa, aínda que para iso Smita teña que desafiar as normas establecidas.

ITALIA. A Giulia encántalle traballar no taller familiar, o último de Palermo que confecciona perrucas con pelo auténtico. Puidese ir á universidade, pero deixou o instituto con dezaseis anos para iniciarse nos segredos deste oficio. Cando o seu pai sofre un accidente e Giulia descobre que o negocio está ao bordo da quebra, afronta a adversidade con valentía e determinación.

CANADÁ. Sarah é unha avogada de éxito en Montreal que o sacrificou todo pola súa carreira: dous matrimonios errados e tres fillos aos que non viu crecer. Un día, tras caer desmayada no transcurso dun xuízo, Sarah comprende que a súa vida deu un envorco e que deberá escoller o que de verdade lle importa.

Smita, Giulia e Sarah non se coñecen, pero teñen en común o empuxe e o tesón das mulleres que rexeitan o que o destino lles ha reservado e rebélanse contra as circunstancias que as oprimen. Como fíos invisibles, os seus camiños entrelázanse, formando unha trenza que simboliza a vontade inquebrantable de vivir con esperanza e ilusión.

Escoita aquí o programa
(minuto 01:09:57)



Día do Usuario 2019


Hoxe celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2019", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2018, os nosos “Superlectores”!! Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

Socio de Honra Adulto
Ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
Socio de Honra Infantil
Ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2020.


Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante o día de hoxe para todos os lectores e lectoras que vos acheguedes pola Biblioteca a celebrar esta data con nós:
Adultos
Ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.
Público infantil
Ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderedes solicitar 2 obras en préstamo intrabibliotecario.



Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.




xoves, 10 de xaneiro de 2019

Todo lo mejor, de César Pérez Gellida

Viktor Lavrov é un novo talento pertencente ao KGB destinado en Berlín durante o período máis cru da Guerra Fría. Pronto recibirá un delicado encargo que poñerá a proba os seus coñecementos en psicoloxía criminalista e as súas virtudes como axente de intelixencia.

O caprichoso destino fará que o seu camiño cruce co do inspector xefe da Kriminalpolizei, Otto Bauer, teimudo en resolver as terribles mortes de cinco menores que parecen estar relacionadas entre si, uns asasinatos que se negan a recoñecer desde as máis altas instancias da RDA.

Con oito novelas publicadas, César Pérez Gellida é xa un referente na actualidade literaria do noso país. O vallisoletano regresa agora co seu relato máis negro, unha historia repleta de intriga, unha explosión narrativa que mantén os ingredientes que atraparon a miles de lectores e que significa un paso adiante a nivel estilístico con respecto ao resto da súa obra.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N PER tod novidades intriga e misterio





mércores, 9 de xaneiro de 2019

Novidades no fondo de adultos: Non-Ficción

Algún novo propósito para este 2019 que comeza? Pois as nosas novidades de non-ficción de seguro que axudan a máis de un na procura de novos coñecementos. Educación, saúde, alimentación, lingüística, natureza... Todo ao alcance da vosa man. Premendo nas imaxes podedes consultar se están dispoñibles ou ben facer unha reserva dende o catálogo.

Novidades Non-Ficción



martes, 8 de xaneiro de 2019

Conversas en alemán




Mañá, mércores 9, temos 
Conversas en Alemán

Vide practicar o idioma (nivel básico-medio) con Javier Lara, voluntario cultural e graduado en turismo.

Esperámosvos ás 19:30 na
Sala multiusos da Biblioteca.



luns, 7 de xaneiro de 2019

Día do Usuario 2019


O próximo venres 11 de xaneiro celebramos o Día do Usuario na Biblioteca, e convidámosvos a participar nas actividades conmemorativas:

Nomearemos aos nosos "Socios de Honra 2019", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2018, os nosos “Superlectores”!! Ao longo deste ano, estes “Superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

Socio de Honra Adulto
Ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.
Socio de Honra Infantil
Ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola), e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de "Superusuario" terá unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do Usuario no 2020.


Ademáis incrementaremos o número de obras que se poden levar en préstamo durante este día para todos os lectores e lectoras que se acheguen a Biblioteca a celebrar esta conmemoración:
Adultos
Ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publiciacións periódicas prestables.
Público infantil
Ata 20 exemplares para escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

Sen olvidar que todos os usuarios e usuarias poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.



Para rematar teremos visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 h., abertas a todo o público que desexe coñecer os servizo, espazos e coleccións que ofrece a nosa Biblioteca.




Cinco parrulos - Sígname! Contos en lingua de signos



Nenos de 4 a 12 anos

Inscripción aberta desde hoxe 

25 prazas

Venres 11 - 18:00 - Ludoteca



Coas laretas Ruth Estévez (Interprete) e
Fátima Fernández (Narradora)

Narración dun conto acompañado dun intérprete en lingua de signos e un taller de aprendizaxe dos signos do vocabulario máis significativo do conto a través de xogos visuais e de participación





venres, 4 de xaneiro de 2019

¿Buscando nova serie?... Fariña

A reconversión da pesca deixou unha parte da flota galega en terra e centos de propietarios en débeda. Non hai traballo. Nas moitas aldeas pesqueiras que cruzan a costa galega, a falta de ingresos e os pagos diarios estrangulan ás economías familiares. É o terreo de cultivo perfecto para a gran transformación: os antigos traficantes de tabaco dan o salto a algo máis grande, máis lucrativo, pero moito máis perigoso: drogas.


Podes atopala na sala de audiovisuais co rótulo
SERIES TV FAR (1-4) novidades


Para ir abrindo boca...





xoves, 3 de xaneiro de 2019

Vivir sin permiso y otras historias del oeste, de Manuel Rivas

«Somos o que lembramos, somos o que esquecemos, pero tamén somos o que amamos e o que nos doe.»

En «O medo dos ourizos» habita a rebeldía dos que non teñen nada que perder. Nemo Bandeira, o home máis poderoso de Oeste, ve en «Vivir sen permiso» como, despois de tentar durante toda a súa vida recubrir de respetabilidad os delitos cometidos, a súa memoria empeza a diluírse. «Sagrado mar» é unha historia sobre a verdadeira traxedia da vida, que non é a desobediencia, senón a obediencia.

Neste libro compiten o ben e o mal, o sometemento e a insubmisión duns personaxes inesquecibles, froito da mestría narrativa de Manuel Rivas. Co narcotráfico como negocio e tamén como rede que corrompe conciencias e atrapa moitas vidas no seu epicentro, as tres narracións conclúen na mesma verdade: non hai droga máis perigosa que o poder e a violencia.


Podes atopalo na biblioteca co rótulo
N RIV viv novidades intriga e misterio